Contacontos polo Día Internacional do Libro

Compartir

Contacontos polo Día Internacional do Libro

O 23 de abril é o Día Internacional do Libro, e dende a Biblioteca Municipal de A Pobra de Trives celébrano o vindeiro xoves, 21 de abril cun contacontos titulado "O Zapateiro e o millonario".
O conto é organizado polas traballadoras da Biblioteca e está dirixido a cativos entre 0 e 9 anos.
A representación ten lugar na Biblioteca Municipal ás 17:30h.