Taller de Memoria

Compartir

Taller de Memoria

O Concello organiza un Taller de Memoria. Un conxunto de estratexias e técnicas que potencian a adquisición, mantemento e recuperación da información, e consiguen que a capacidade de memoria das persoas dure máis tempo e con maior calidade.
O vindeiro 1 de febreiro, luns, comenzan as clases co fin de axudar a que toda persoa exercite e manteña a súa mente activa.
Estas clases impartiranse en A Pobra de Trives (No Anexo novo do Concello), en Cotaróns (no Forno),  en Sobrado (na Casa dos Mozos), en Piñeiro (na Escola) e en Cova (na Escola).
Para poder anotarse nesta actividade e para máis información:
- Oficina de Turismo (988 33 09 67)
- Centro de Información á Muller (CIM) (988 33 00 00).
Exercita a túa mente, anímate a asistir!!