Os Concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda asinaron con Oca Nova Manzaneda un Convenio coa fin de achegar o centro termal e de esquí da Estación de Montaña Oca Nova Manzaneda a tódolos empadroados nos Concellos de Manzaneda e de A Pobra de Trives.
O Convenio concrétase nas seguintes actuacións:
- Paquete Especial SPA.
Prezos especiais para acceso ás instalación da piscina climatizada, SPA, jacuzzi, sauna e piscina exterior de contrastes e zona de tratamentos de beleza e coidados terapéuticos, así como o acceso ao ximnasio e a ludoteca.
- Pases anuais uso dos remontes mecánicos da Estación.
- Xornadas formativas infantís.
- Xornadas formativas xuvenís.
Para máis información, acudir as dependencias administrativas do Concello.