I Carreira San Bartolo, 10 km por correr

Compartir

I Carreira San Bartolo, 10 km por correr

 

O sábado 22, pola tarde tiña lugar a I Carreira San Bartoliño e San Bartolo respectivamente. Esta proba estaba organizada pola Concellería de Deportes de A Pobra de Trives. Unha cita que acollía a uns 75 cativos e máis de 60 adultos na Rúa San Martín, co arco de saída onde a Praza de Abastos.
A quenda dos nenos era ás catro da tarde e nela os participantes correron diferentes distancias en función da idade, que ía dende os dous ata os quince anos. Ao finalizar, todos os pequenos deportistas recibiron a súa medalla.

 

Image
I Carreira San Bartolo, 10 km por correr


Xa ás sete do serán chegaba o momento da carreira dos maiores de dezaseis anos, estes incluidos. Era a quenda da I Carreira San Bartolo e os seus dez quilómetros. Nesta primeira edición estaba anotado un bo número de corredores dispostos a percorrer a distancia establecida.

 

Image
I Carreira San Bartolo, 10 km por correr


Xusto antes da hora de saída, a choiva sumouse tamén á carreira e non quixo abandonar o escenario ata o remate da mesma, pero eso non impediu que os corredores superaran o circuito ao que se presentaban.

 

Image
I Carreira San Bartolo, 10 km por correr


O primeiro dos participantes na carreira en cruzar a liña de meta foi Saturnino González de Ourense. Houbo entrega de premios aos 1º, 2º e 3º postos masculinos e 1º, 2º e 3º femininos.
Unha primeira edición que coincidía coa fin de semana das festas do San Bartolomé en A Pobra de Trives.