O mércores, 19 de agosto, os Sequeiros foron o escenario do segundo dos Sendeiros Nocturnos do programa de verán do Concello de A Pobra de Trives.
Ás 9:30 da noite emprenderon camino máis de 200 persoas dende A Pena Folenche cara Os Sequeiros nunha ruta circular de aproximadamente 3 quilómetros de lonxitude.
O grupo en todo momento ía acompañado de unha guía e un operativo de Protección Civil.
Ao longo da ruta fóronse sucedendo as personaxes: dúas fadas e un trasno recibían aos caminantes adentrándoos no mundo dos contos envoltos por unha máxica música.
De alí a pouco os sendeiristas atoparon unha fotógrafa americana en busca de tradicións; da man da personaxe dunha muller da zona coñecería Os Sequeiros.
Alí varias personaxes se ían sucedendo mentres representaban diversas labores tradicionais. Neste punto os participantes recibían un petisco e bebida acompañados pola música dos gaiteiros e coa noite xa ben caída.
A viaxe continuaba coa aparición de dous meigos na búsqueda de herbas milagreiras nas paraxes do Val de Navea.
De súpeto un berro inexperado no medio da noite paralizaba ao numeroso público. Era unha escapando das gadoupas do Lobo da Xente. O lobishome fuxiu ante a presenza de tal multitude e a rapaza púidose salvar.
Camiñando hacia o remate da ruta, unha ánima observaba dende o alto dunha penela coa súa cara iluminada.
Unha maravillosa noite, na que o bo tempo acompañou e permitiu disfrutar das estrelas a todos os asistentes.