O día 16 de agosto, as bicicletas terán un papel fundamental en Trives tomando deportivamente as súas rúas.
Un ano máis celébrase o Día da Bici, unha iniciativa acollida con moito gusto polos veciños do pobo que, ano tras ano, grandes e pequenos, acuden, participando en familia desta actividade ecolóxica e deportiva.
Desta volta o Día da Bici terá a súa saída na Finca da Barreira ás 12 da mañá e as inscricións tamén serán alí a partires das 10 da mañá.
Ademáis nesta edición haberá un novo percorrido e os máis pequenos contarán con actividades relacionadas co uso da bici.