Carreira San Bartolo 2015

Compartir

Carreira San Bartolo 2015
Image
Carreira San Bartolo 2015

 

Para o vindeiro 22 de agosto, sábado, a Concellería de Deportes de A Pobra de Trives organiza a "Carreira San Bartolo 2015".
Unha carreira para maiores de 16 anos (estos incluídos) con categoría feminina e masculina, na que os participantes terán que percorrer 10 km apróximadamente.
A saída e chegada da mesma será na Praza de Abastos, rúa San Martín, ás 19h.
Ao remate da proba entregarase un premio aos tres primeiros de cada categoría.
Tamén estará habilitado un espacio de duchas  para todos os corredores que o precisen.
As inscricións realízanse na Oficina de Turismo: 988 33 09 67

A cita do 22 de agosto tamén é para os máis cativos coa "Carreira San Bartoliño".
Nela poden participar os cativos con idades comprendidas entre os 2 e os 15 anos.
Desta volta, será ás 16h. cando comence a proba.
A carreira parte tamén da Praza de Abastos.
A distancia a percorrer varía en función da idade dos corredores.
Ao remate da proba, todos os corredores recibirán unha medalla.
As inscricións realízanse na
Oficina de Turismo:
988 33 09 67