TEATRO
O Concello da Pobra de Trivés propón aos veciños e veciñas da vila teatro e música para comezar o ano.
O próximo venres día 2 de xaneiro ás 19 horas terá lugar a representación teatral: "CINCENTA ON THE ROCK". Trátase dunha peza para todos os públicos onde o grupo Gargallada Teatro fai unha revisión do conto da Cincenta para mesturar o a historia con música.
CONCERTO DE PIANO
O sábado día 3 de xaneiro ás 20:00 horas terá lugar un concerto de piano a cargo de María Domínguez Pérez.
A artista trivesa interpretará un variado repertorio. Actualmente María Domínguez fórmase cunha beca no Conservatorio de Maastricht (Países Baixos) tras unha larga e proveitosa carreira musical.
CONCERTO DE NADAL
A Banda de Gaitas "Os Trinta" ofrece o vindeiro 4 de xaneiro o concerto de Nadal. Será a partir das 19:00 horas no Auditorio Julio Vázquez