INICIO DO CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA

Compartir

INICIO DO CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA

MÚSICA PARA TODOS E TODAS

A Escola Municipal de Música do Concello da Pobra de Trives comezou o curso académico 2014/2015 cunha cifra de 35 alumnos matriculados en estudos de piano, guitarra e linguaxe musical. 
Un ano máis a Concellería de Cultura aposta pola continuidade da Escola de Música coa intención de ofrecer ao alumnado trivés a posiblidade de iniciar os seus estudos ou perfeccionar o manexo dos instrumentos que se ofertan no plan de estudos.
O Goberno municipal, a través da concelleira Isabel González Fandiño, mostrou a súa satisfacción pola continuación dunha actividade e polo interese dos alumnos en continuar formándose nunha materia que beneficia o seu desenvolvemento persoal e intelectual.
O Concello traballa para que os alumnos poidan demostrar as súas habilidades nos actos institucionais que se organizan dende o Concello e mesmo favorecer o intercambio ou actuacións noutras vilas e cidades do país.