TRIVES EN BICICLETA

Compartir

TRIVES EN BICICLETA

TRIVES EN BICICLETA

A bici converteuse no vehículo oficial dos triveses e triveses o domingo 17 de agosto. Desta volta foron moitos os voluntarios e voluntarias que se inscribiron para percorrer distintas rúas e prazas da vila en bicicleta. Todo comezou ás 10 da mañá cando os participantes se inscribiron nos rexistros municipais e decidiron sumarse a esta iniciativa ecolóxica e deportiva impulsada pola concellería de Deportes e Mocidade.
A idea, segundo explicou a concelleira, Marta Domínguez, é concienciar a poboación no uso de medios de desprazamento alternativos para favorecer hábitos saludables. E a iniciativa municipal foi asumida con gusto pola maior parte da cidadanía, tanto os máis novos, como os máis vellos,  que non dubidaron en invadir deportivamente as rúas da vila.