OBRAS DE URBANIZACIÓN EN TRIVES

Compartir

OBRAS DE URBANIZACIÓN EN TRIVES

A RÚA CORREDOIRA DA BARREIRA XA ESTÁ EN FUNCIONAMENTO
O Concello da Pobra de Trives acaba de abrir ao público distintos equipamentos en diferentes lugares da vila. En concreto entrou en servizo a coñecida como rúa Corredoira da Barreira executada coa colaboración da Deputación de Ourense.
A infraestrutura contou cun orzamento de 41.300 euros e é froito do programa provincial de cooperación cos concellos. A Corredoira da Barreira é unha arteria urbana que van empregar a diario numerosos veciños e veciñas e que enlaza a Lama da Vía coa estrada da Encomenda.
Entre os equipamentos que xa están operativos tamén se encontra o deposito de residuos de plásticos agrícolas. Trátase dun lugar acondicionado e preparado con todas as garantías medio ambientais para o depósito e custodia dos plásticos agrícolas. Desta volta os gandeiros xa dispoñen dun lugar cómodo e funcional para desfacerse dos plásticos.
HUMANIZACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS.
O Goberno municipal de Trives continua coa súa tarefa de humanización de distintos espazos públicos. Neste caso xa está operativo un mecanismo para suxeitar os contenedores e evitar os seus desprazamentos ao longo da carretera da Encomenda. Tamén rematou a construcción dun muro de pedra para gardar e esconder os contenedores no Carballal. Coa execución desta obra embelleceuse a urbanización e creouse un espazo seguro para refuxiar os contenedores do lixo.
Non menos importantes foron as actuacións realizadas na rúa San Martín dotando de beirarrúas dúas zonas moi transitadas e mesmo se habilitou unha praza para o estacionamiento de vehículos de minusvalidos.
MELLORA DOS ESPAZOS PÚBLICOS
As obras que acaban de entrar en servizo son para o concelleiro de Medio Rural e Obras, Domingo Dieguez, a “mostra constante do compromiso do equipo de Goberno coa mellora dos espazos públicos e coa creación de espazo útiles e funcionais”. O concelleiro de Obras sostén que “a idea da concellería e seguir a traballar nesta mesma línea e que non é outra que fomentar a cooperación coas outras administracións, optimizar os recursos e planificar as obras para sacarlle a máxima rentabilidade os investimentos”.