25 de Xullo: Día de Galicia

Compartir

25 de Xullo: Día de Galicia

O vindeiro sábado é día 25 de Xullo, o día da Patria Galega. Podemos decir que é a festa maior de Galicia e todo os galegos.
Para conmemorar esta data, o Concello organiza un concerto ás 22:30 na Praza do Reloxo.
Abrirán As Macizas Centrais (A.C. A Caniceira), grupo de pandereteiras da vila, un grupo de mulleres de todas as idades que se reúnen co fin de pasalo ben e dar a coñecer as cantigas da nosa terra.
E continuará a festa co grupo folk Xestreu, de Ourense, que nace coa intención de traballar no eido da recuperación das vellas cantigas de raigame popular.
Na percura de raíces, leva a cabo un traballo de recollida de cantares e romances de tradición oral.
Este grupo de mulleres fan un percorrido, coas súas voces, polos ritmos tradicionais, mergullándose nos cantos dos pobos.
No seu repertorio figuran pezas tradicionais dos Carpatos ucranianos, O Magreb, o Piamonte italiano, México, da cultura Cherokee, Sefardís ou portuguesas, así como unha numeroso mostra de cantigas tradicionais galegas recollidas polas propias componentes do grupo.