Actividades no Día das Letras Galegas

Compartir

Actividades no Día das Letras Galegas

 

Image
Actividades no Día das Letras Galegas

Dende o Concello de A Pobra de Trives na nosa “Festa das Letras” queremos festexar este día tal e como se merece, con actividades de todo tipo e para todos os públicos.

¿Qué mellor xeito de honrar a nosa fermosa lingua que pasando unha mañá disfrutando con ela mentres paseamos por entre a marabillosa natureza que nos rodea?

Arrancamos a festa cunha ruta de sendeirismo familiar, que baixo o nome “Camiñando pola Lingua”, terá a súa saída diante de Santa Leonor ás 10:30h. Un camiño apto para grandes e pequenos de arredor de 4 km

Aquí damos comenzo á nosa particular homenaxe a Carlos Casares, onde ao largo da ruta, os participantes deberán ir atentos ao camiño recollendo letras que se atoparán entre a natureza e ao final da ruta lle servirán para un gran mural.

Xa arredor das 12:30h, no parque da Praza de Abastos chega o momento máis artístico da mañá, un obradoiro de pintura onde todos xuntos, grandes e pequenos, pintaremos un muro con algunas das máis fermosas palabras en galego; un muro onde Carlos Casares tamén quedará moi presente.
Con esta actividade pretendemos seguir mimando día a día a nosa lingua e que sirva de dinamización lingüística, así como de defensa e promoción do idioma na sociedade en xeral.

Os actos continúan pola tarde. Desta volta a cita é ás 18:30h no Auditorio Julio Vázquez. Unha tarde de “Música e Baile” na que os asistentes ademáis dunha presentación da vida e obra de Carlos Casares, disfrutaremos de actuacións das mulleres de Trives co vídeo “Linguaxe popular trivesa” e tamén coa interpretación de cancións galegas.
Ademáis os rapaces e rapazas da Comarca de Trives terán un recital de cantigas e baile tradicional galego.

Dende o Concello convidámosvos a todos a disfrutar connosco desta completa xornada organizada para o Día das Letras Galegas.