Aventuras e Ocio para os máis pequenos, de Trives a Pazolandia

Compartir

Aventuras e Ocio para os máis pequenos, de Trives a Pazolandia

Seguimos con outra das tradicións dos máis pequenos, desde o Concello da Pobra de Trives viaxaremos ata Pazolandia, un lugar de ocio infantil que cada ano abre as súas portas no Paco Paz en Ourense. Este é o parque de atracción estacional máis grande de Galicia.
O día 26 de decembro, mércores, o autobus sairá dende a Praza do Concello ás 9:30 da mañá. O prezo para esta viaxe e entrada ao parque de atraccións é de 4 euros.
As prazas son limitadas e para inscricións e máis información diríxete á Oficina de Turismo (Santa Leonor - 988 33 09 67)