O Instituto Xermán Ancoechea Quevedo da Pobra de Trives e Instituto Carlos Casares de Viana do Bolo veñen de pór en marcha unha campaña para que neste Nadal ningún neno ou nena se quede sen o seu agasallo.
Para conseguir este obxectivo os centros de ensino solicitan a vosa colaboración. Trátase de que cada veciño e veciña faga unha achega.
Necesítanse:
- Xoguetes usados en bo estado.
- Libros de lecer, libretas, estoxos.
- Lápices de cores, ceras, rotuladores etcétera.
- Non é preciso mercar nada. Trátase de aproveitar o material que todos e todas teñades na casa. O obxectivo merece a pena.
- Todos o material pode deixarse no punto de recollida habilitado no Instituto Xermán Ancoechea da Pobra de Trives ate o 18 de decembro.
FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ BLANCO