Do 3 ao 22 de decembro, a Biblioteca Municipal da Pobra de Trives, con motivo das festas navideñas, celebrará un “Mercadillo do Libro Usado”.
Os usuarios e usuarias que se acheguen á Biblioteca Municipal nesas datas, poderán adquirir un libro do seu interese a cambio de doar un quilo de alimentos non perecedoiros. Estes libros son previas doazóns de usuarios e usuarias á biblioteca municipal e que actualmente están descatalogados para formar parte da súa colección.