Deputación de Ourense xunto con Sogama iniciarán unha CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA 2017 no Concello de A Pobra de Trives.
A campaña ten por obxectivo:
- Capacitar á poboación para fabricar compost a escala doméstica
- Concienciar á poboación sobre a problemática dos residuos
- Reducir o número de residuos que debe recoller o Concello
Dita campaña consistirá na realización dunha xornada informativa para todos aqueles interesados na Compostaxe Doméstica. Entre os participantes repartirase un composteiro e realizarase un seguimento do mesmo, nos que os participantes facilitarán a visita ao composteiro para a súa avaliación e seguimiento por parte dos técnicos de Todoverde.
Para inscribirte na campaña será necesario cubrir a ficha de adhesión na súa totalidade e entregala no Concello.
A data límite para a inscrición rematará o día 25 de agosto do 2017. As prazas son limitadas.