Cobranza dos Impostos Municipais 2017

Compartir

Cobranza dos Impostos Municipais 2017

Queda aberto o prazo de cobranza do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana, rústica e de características especiais do ano 2017.

O periodo de pagamento vai dende o 1 de xuño ata o 31 de agosto de 2017.

As listas cobratorias do imposto poranse a disposición do público no Concello, do 1 de xuño ao 3 de xullo, para que os interesados examinen os mesmos.

No prazo dun mes, do 4 de xullo ao 4 de agosto, poderán presentar as reclamacións que estimen oportunas perante o Servicio de Recadación da Excma. Deputación provincial de Ourense