Hoxe dá comezo o curso 2018-2019 na Escola Municipal de Música da Pobra de Trives, un centro de ensinanza musical non reglada de titularidad municipal, que dirixe a súa oferta formativa a nenos e nenas a partires dos 6 anos, xoves e adultos de todas as idades , teñan ou non coñecementos previos en materia musical.
Desde hoxe e ata xuño os alumnos e alumnas da escola recibirán unha formación práctica, teórica, individual e colectiva da modalidade na que se matricularon. As asignaturas que se van a impartir son: linguaxe musical, piano e guitarra.