Dende o Concello da Pobra de Trives publícase a intención de autorizar o uso privativo das Paradas nº 4 e 5 do Mercado Municipal, en réxime de concesión, sendo a forma de adxudicación a poxa.
O prezo de saída será de 60€ cada parada e o prezo polo aluguer/dereito de uso privativo mensual ten de saída 12€ cada parada.
Ábrese un período de 20 días para que as persoas interesadas presenten as súas ofertas económicas.