Consumo de produtos locais

Compartir

Consumo de produtos locais

Somos terra de Entroido. Nos vindeiros días daremos boa conta de xantares, bebidas e lambonadas, pois sempre fomos xente de bo comer e de boa compañía.

Se aproveitamos para consumir produtos locais, estaremos  a animar á economía máis próxima e axudando á viabilidade das nosas explotacións agroalimentarias. Estaremos xerando riqueza de país.

Se ademais mercamos produtos etiquetados en galego, estamos a ser solidarios con aquelas persoas que foron quen de xuntar calidade con autoestima, na defensa e promoción dese patrimonio que herdamos: a nosa lingua, a nosa fala.

Neste Entroido, goza da festa e participa. Desde a Alcaldía, sumámonos á petición da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros, anímate a consumir produtos galegos etiquetados en galego.

SE PODES ESCOLLER, ESCOLLE!!