Curso de WhatsApp para Adultos

Compartir

Curso de WhatsApp para Adultos

CURSO DE INICIACIÓN AO MANEXO DO WHATSAPP
(para adultos)

Data: 13 e 15 de Novembro (luns e mércores)
Lugar: Sala de reunións do edificio novo do Concello
Hora: de 17:30h. a 18:30h.

O manexo das novas tecnoloxías vólvese unha habilidade indispensable para comunicarnos no mundo actual: o correo electrónico, o chat, Skype, Facebook, WhatsApp, entre outros, forman parte da conectividade familiar. Internet proporciónanos unha mellor calidade de vida e é unha oportunidade para vencer o illamento nos máis maiores.
Os días 13 e 15 de novembro, dende o Concello da Pobra de Trives levarase a cabo un curso que desenvolverá o manexo do WhatsApp. Os máis vellos son os que están máis afastados dese mundo. O asunto é que tamén viven nel e deben adaptarse para que a propia tecnoloxía non os "desterre" da sociedade.
Os adultos poden aprender a manexar a tecnoloxía e, de feito, xa o fan.
Obxectivos: Aprender a usar whatsapp, poder “chatear” todo o tempo que queiran con calquera persoa que estea nos seus contactos ou enviar e recibir fotos. Ademais de estar actualizado a par dos seus netos e fillos para estar máis conectados con eles, informado das novas tecnoloxías de hoxe e totalmente actualizado.
Requisitos: Ter un Smartphone.
Este curso está dirixido a adultos
Inscricións: Debes inscribirte na Oficina de Turismo antes do 8 de novembro deixando o teu nome, apelidos, idade e número de teléfono.