Desfile de Folións e Boteiros o 24 de Febreiro do 2019

Compartir

Desfile de Folións e Boteiros o 24 de Febreiro do 2019

Despois de que o xoves 21 de febreiro os compadres inauguren o programa do entroido trivés, o domingo 24 chega o Desfile de Folións e Boteiros  organizado polo Folión Os Labregos. Unha xuntanza que vai xa pola súa quinceava edición e na que contarán con máis dunha ducia de folións triveses e dos concellos veciños, enchendo de sons e cor as rúas da vila.
Ás 15:30 terán a súa saída desde a Finca da Barreira cuns percorrido polas rúas de trivés e rematando na Praza do Reloxo.
Agardámosvos a todos e todas na Pobra de Trives gozando deste gran desfile organizado polos Labregos.