Día da Bici 2018

Compartir

Día da Bici 2018

O domingo 5 de agosto celébrase o Día da Bici, actividade que ano tras ano enche o pobo de asistentes que a acollen con moito agrado participando en familia e gozando desta xornada na que destaca a parte ecolóxica e deportiva.
As bicis serán as donas das rúas de Trives na mañá do domingo 5 de agosto con dous percorridos diferentes: un de algo máis de 3 quilómetros aproximadamente e outro para os pequerrechiños de uns 500 metros.
Desta volta o Día da Bici terá a súa saída dende a Praza de Abastos ás 12 da mañá e as inscricións tamén serán alí a partires das 10 da mañá. Lembrade que é obrigatorio o uso do casco para poder participar nesta actividade.