Día Internacional do Libro

Compartir

Día Internacional do Libro

Cada 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro. Un dos motivos polos que a Conferencia Xeral da UNESCO elexíu esa data tan simbólica para rendir homenaxe mundial ao libro é porque o 23 de abril falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Dende a Biblioteca Pública Municipal de A Pobra de Trives, o martes día 25 de abril, ás 17:30h. festexarémolo cun contacontos titulado “AVENTURAS DUNHA PINGA DE AUGA”, dirixido a nenos e nenas de 0 a 8 anos.

O conto está organizado polas traballadoras do centro, que con este proxecto de contacontos están traballando polo desenvolvemento dunha cultura de lectura forte, facendo que dende pequenos teñamos amor polas historias e xerando un gran apetito polos libro. Todos xuntos comparten un espacio onde as palabras saen aos encontros dos lectores. Arte e cultura fúndense nun entorno literario.

“Non hai nada coma un libro. Un libro é un vínculo entre o pasado e o futuro. Unha ponte entre xeracións e entre culturas. É unha forza para crear e compartir a sabiduría e o coñecemento” (UNESCO 2016)