DiverTrives 2015

Compartir

DiverTrives 2015

O 1 de Xullo da comenzo DiverTrives 2015, unha actividade para os máis pequenos, de luns a venres en horario de 10:30h a 13:30h e que durará ata 31 de agosto.
Unha proposta de ocio e tempo libre para os nenos nados entre 2002 e 2011.
Un lugar para disfrute dos cativos, con milleiros de aventuras para diversión e para que se coñezan entre eles, podendo estes asistir por días soltos, semana completa, todo o mes ou a duración total da actividade (os dous meses).
As semanas terán distintas actividades: días de piscina, rutas de sendeirismo, circuitos e saídas en bici, xinkanas polo pobo, excursións, obradoiros nas instalación (reciclaxe, cociña, pintura, manualidades…), tentando que teñan un contacto directo coa natureza e que coñezan Trives e os seus arredores.