Pronto comeza o verán, e Divertrives 2018 abre as súas portas. Unha das actividades mellor acollidas e máis esperadas nos veráns en Trives, onde os nenos e nenas están desexando o seu inicio para disfrutar de milleiros de aventuras xuntos. Despois de varios anos e varias edicións debemos resaltar moi positivamente a importancia desta actividades para a cidadanía trivesa
O luns 2 de xullo arranca DiverTrives 2018, un espacio que vai de luns a venres en horario de 10:30h a 13:30h e que durará ata 23 de agosto.
Unha oferta ocio-educativa e de tempo libre para as nenas e nenos nados entre 2006 e 2014, nun lugar para disfrute dos cativos, con milleiros de aventuras. O mellor xeito para pasar o verán en diversión e para que se coñezan entre eles, podendo estes asistir por días soltos, semana completa, todo o mes ou a duración total da actividade (do 2 de xullo ao 23 de agosto).
Ofértase un programa moi variado, incluindo días de piscina, sendeirismo, xinkanas, obradoiros, saídas en bici, excursións, obradoiros, actividades artísticas e culturais,…sempre dando a coñecer Trives e os seus arredores e facendo que os nenos e nenas teñan un contacto directo coa natureza e que coñezan Trives e os seus arredores.
Xa está aberto o prazo de inscrición.
Para anotarte debes dirixirte á Biblioteca Municipal da Pobra de Trives (988 33 09 67).