En Trives conmemoramos o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

Compartir

En Trives conmemoramos o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia

O Concello da Pobra de Trives sumarase este ano ao 'Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia', celebrarase o vindeiro sábado, 27 de outubro ás 12:30h, cun acto no cemiterio municipal da Pobra de Trives. Este evento está promovido, xunto co concello, pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística
Unha placa descuberta na porta do cemiterio nesa mañá, recordará a todos os que alí xacen, baixo a lenda “na memoria de todos os que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”, e entre outros tamén haberá no propio cemiterio un acto de firma de derradeiras vontades, para que todo aquel que o desexe exprese por escrito a decisión de que, unha vez falecido, a súa liturxia sexa en galego.
O alcalde da Pobra de Trives, Domingo Diéguez, sumarase a esta firma animando á toda a veciñanza a que así o faga “en apoio da lingua galega e da recuperación da memoria histórica, poñendo en valor o noso idioma e tentando cambiar as mentalidades para que se deixe de discriminar ao galego nos camposantos, tanto nas lápidas, como nas liturxias o unas necrolóxicas.”
A idea desta celebración coincidente co Día de Defuntos ou datas próximas, xurde da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística coa intención de lembrar que a pesares de que é práctica habitual nos cemiterios a instalación de lápidas en castelán a meirande parte das persoas que alí xacen eran galegofalantes.


"En galego, agora e sempre"