O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Pobra de Trives está a organizar unha excursión a Cortegada de Baños, para o vindeiro domingo 13 de maio.
Será unha excursión de un día e inclúe unha visita cultural por Ribadavia pola mañá e pola tarde disfrutarán da estancia no balneario.
A saída está programada para as 9 da mañá dende a praza do concello e o regreso está previsto para as 9 da noite aproximadamente.
O prezo desta actividade é de 34€ por persoa e este inclúe o autobús, o xantar e o “club termal” no balneario.
Para poder realizar esta viaxe debe haber un grupo de 30 persoas como mínimo, e prazo para adquirir as entradas remata o luns 7 de maio. Ditas entradas pódense coller na oficina do CIM, no segundo andar da parte nova do Concello.
Máis información no teléfono 988 33 00 12 (Centro de Información á Muller)