Excursión para maiores á Vilanova de Arousa

Compartir

Excursión para maiores á Vilanova de Arousa

O vindeiro 16 de xuño, sábado, a Asociación Cultural O Castro de Baión, Vilanova de Arousa, organiza o XXVII ENCONTRO DE MAIORES, no que está prevista a participación dunhas 400 persoas, e ao que se convidaron a grupos de maiores das catro provincias galegas: Cariño, Cedeira, Monterroso, Fonsagrada, Guitiriz, Celanova, Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vigo, Cambados, Ribadumia, Vilanova, …..
Previamente, pola mañá, os grupos convidados farán un percorrido pola ría en barco saíndo ás 11:00h. do muelle de Vilanova de Arousa e dependendo do tempo disponible, completarase a mañá con visitas de interese turístico (batea, adega, ...)
Ás 14:30h. haberá un xantar de confraternidade e para pechar a xornada terán baile amenizado por un grupo musical. Será unha xornada para compartir entre os maiores dos distintos pobos de Galicia.
Ao longo da tarde contan tamén con distintas actuacións (Grupo de acordeóns do Salnés e Rondalla O Castro).
Ademáis os asistentes poderán ver unha Exposición de Manualidades feitas polos maiores da asociación organizadora.
Dende a Pobra de Trives sairá un autobús dende a praza do concello ás 7:00h mañá e retornará ás 19:30h. aproximadamente.
O prezo é de 15€/persoa. Para anotarse deben facelo no Concello (Prazas limitadas: 55 persoas)