Festa da BICA

Compartir

Festa da BICA

Xa imos pola XLII Edición da Festa da Bica. Unha celebración que ano tras ano lle adicamos ao noso doce máis querido.
A cita é o 2 de agosto, domingo, na Finca da Barreira ás dúas do mediodía.
Alí os participantes poderán degustar un menú de empanada de carne, empanada de bacallau, tenreira galega con patacas e pementos, licor café e a BICA, a protagonista do evento.
A homenaxeada Bica contará no seu festexo coa música da Banda de Gaitas Os Trintas e da Charanga Nova Terras de Trives.