I Concurso de Microrrelatos "Un Magosto Literario"

Compartir

I Concurso de Microrrelatos "Un Magosto Literario"

Dentro das actividades deste outono, o Concello de A Pobra de Trives convoca o I Concurso de Microrrelatos - "Un Magosto Literario". Un concurso que ten como obxectivo descubrir o talento literario e espertar a imaxinación de todas aquelas persoas interesadas na escritura en Lingua Galega e na promoción da nosa Terra debendo incluís unhas palabras clave no microrrelato (castaña, bica e Trives).
Poderán participar no Concurso os maiores de 12 anos que presenten o seu microrrelato tal e como as bases o indiquen.
O xurado estará formado por profesorado do IES Xermán Ancochea e CEIP Manuel Bermúdez Couso, e pola Concelleira de Cultura do Concello de A Pobra de Trives.
A presentación dos microrrelatos será do 18 de Outubro ao 8 de Novembro 2017.
O microrrelato gañador será anunciado na Páxina Web e nas Redes Socias do Concello e levará un premio de 100€ e un lote de libros.
No seguinte enlace deixámosvos as bases e animámosvos a todos a participar.