II Sendeiro Nocturno Teatralizado - Verán 2016

Compartir

II Sendeiro Nocturno Teatralizado - Verán 2016

O vindeiro xoves, 4 de agosto, poderemos disfrutar do segundo sendeiro nocturno teatralizado deste verán.
Ás 21h. comenza este roteiro, un fermoso camiño de estrelas e bosques con animación e algunha sorpresa máis.
É un percorrido circular, un agradable paseo duns 6 km aproximadamente, que partirá dende a Oficina de Turismo (en Santa Leonor) en dirección á Ponte Cabalar, rematando novamente en Santa Leonor.
Dende a organización recoméndase levar roupa e calzado cómodo e por suposto que cada participante leve lanterna ou frontal.
Para máis información e inscrición na actividade (prazas limitadas):
Oficina de Turismo:
988 33 09 67