III Ruta de sendeirismo familiar no verán 2018 - A Cabalar 2018

Compartir

III Ruta de sendeirismo familiar no verán 2018 - A Cabalar 2018

As rutas de sendeirismo familiar dos martes continúan este verán 2018.
A seguinte ruta será este vindeiro martes día 31 de xullo.
Un novo paseo guiado, de dificultade baixa, organizado dende o Concello de A Pobra de Trives co fin de chegar a todos os públicos de xeito que coñezan as nosas paisaxes e sendeiros.
A ruta da Cabalar: aproximadamente 6 kilómetros para disfrutar dun paseo a carón do río, camiñar por entre soutos e mesmo saber de parte da nosa historia pasando pola Fábrica de Chocolate.
A saída será ás 9 da mañá de diante do Concello.