O vindeiro 5 de novembro, xunto co Magosto, o Concello de A Pobra de Trives organiza o IVConcurso de Doces Típicos de Outono. Os doces deberán ser elaborados con productos da zona e típicos desta tempada, como por exemplo castañas, noces, mazás, peras, figos, etc.
Presentaránse na Oficina de Turismo esa mesma mañá xunto cun sobre pechado cos datos do participante e a receita do doce co que participa. Estas sobremesas serán degustadas por todos os asistentes ao Magosto, ese sábado, ás 18:30h. en Santa Leonor.
Un xeito orixinal de resaltar e valorar a importancia, cantidade e calidade dos nosos frutos outonais. Como por exemplo da castaña, a gran protagonista do outono nos nosos bosques.
Para máis información poden dirixirse á Oficina de Turismo de A Pobra de Trives:
988 33 09 67