Lanzamento dos Faroliños Voadores Solidarios

Compartir

Lanzamento dos Faroliños Voadores Solidarios

Un Nadal máis e xa facendo unha fermosa tradición, chega a noite do Lanzamento dos Faroliños Voadores, será o vindeiro sábado, 23 de decembro, ás 8 da tarde, co ceo xa escurecido.
Este ano queremos que sexan faroliños solidarios, animando a toda a xente a que troque o seu faroliño por un kilo de comida non perecedeira. A comida recaudada será entregada á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra de Trives, colaborando coa campaña de recollida de alimentos “Por un Nadal Feliz para todos”. Pensamos nese faroliño solidario fomentando así a solidariedade e concienciando á sociedade desta necesidade.
O sábado 23 de decembro ás 8 da tarde, na Finca da Barreira entregaranse os faroliños e haberá uns caixóns á disposición dos asistentes onde depositar o teu kilo de comida non perecedeira. Non esquezas levar un encendedor para prender o teu faroliño, e tras pedir os mellores desexos, deixar que voe ben alto iluminando o ceo de Trives e cumplindo todas as peticións. Comecemos o Nadal con maxia cuns faroliños que voarán cargados de bos desexos.