Fran Campos e Bandullo Azul chegan á Biblioteca Municipal da Pobra de Trives co espectáculo infantil "Mar adiante! Filipa cos contos".
Narración, teatralización, musicalización, para a tarde do 27 de outubro destinada a xente miúda entre 4 e 12 anos. Desde a Biblioteca Municipal téntase dinamizar a lectura a través de actividades coma esta compostas por música, teatro e danza onde a protagonista é a homenaxeada este ano coas Letras Galegas, Mª Victoria Moreno, e o seu libro “Mar adiante”.
Unha mistura de contos populares sen esquecer a música en directo, “contos-cantados”, xogos e, por riba de todo, bo humor. Espectáculo participativo para público famliar é o que nos agarda na Biblioteca Municipal o vindeiro sábado, 27 de outubro, ás 17h. onde grandes e pequenos aprenderán, disfrutarán e reflexionarán a través dos contos.