O Apalpador visita Trives na tarde do xoves 3 de Xaneiro

Compartir

O Apalpador visita Trives na tarde do xoves 3 de Xaneiro

Por quinto ano consecutivo, o Apalpador, ou Pandigueiro como se lle chamaba por Terras de Trives, ven a visitar aos nosos nenos e nenas.
Desde o concello traemos esta figura deste vello carboeiro, un personaxe propio do Nadal Galego, traballando na recuperación antropolóxica das nosas raíces e da nosa cultura.
Mañá xoves, 3 de xaneiro, o Apalpador dará comezo á Ruada na Praza do Pilón ás 4 da tarde para que coa música dos gaiteiros percorra as rúas de Trives ata chegar ao bosque onde descubriremos como vivía e con que compañía contaba nos seus traballos.
O Apalpador ou Pandigueiro baixaba na noite do 31 a tocar a barriguiña dos pequenos para ver se comerán suficientemente durante todo o ano e deixáballe unha presa de castañas para facerlle o inverno máis levadeiro e mesmo algún agasallo dos que facía el na súa casa durante todo o ano.
A Trives chega na tarde do 3 de xaneiro para ensinarlle aos cativos cal é o seu día a día, e velar que non queden sen comer nin sen xogar. Este ano tamén nos ensinará a coidar os bosques e a natureza!!
Agardámosvos a todos na Praza do Pilón para facer un percorrido de arredor de 2 quilómetros, para todos os públicos, deixándonos guiar polo Apalpador & Compañía.