O Concello de Trives fomenta uso de xoguetes para a igualdade

Compartir

O Concello de Trives fomenta uso de xoguetes para a igualdade

O Concello da Pobra de Trives, desde o departamento de igualdade, súmase á campaña que ben de lanzar a Xunta cos Bolechas para fomentar o uso de xoguetes sen estereotipos sexistas. Baixo o lema “Xoguetes para a igualdade. Xogamos iguais. Os xoguetes non teñen sexo”, preséntannos un decálogo de consellos para que os xoguetes sexan iguais para nenos e nenas.
A finalidade da campaña é sensibilizar sobre o contido sexista e violento de moitos xogos e xoguetes, e loitar así contra os estereotipos de xénero que aínda persisten entre as xeracións máis novas, fomentando xoguetes igualitarios.
Debemos concienciar a nenos e nenas de que poden xogar indistintamente co mesmo xoguete, de xeito que se fomenten desde as idades máis temperás unhas relacións de igualdade e cooperación.
Esta nas nosas mans elexir xoguetes igualitarios que inflúen de forma decisiva na súa aprendizaxe sen esquecernos de facer un consumo responsable, sempre tendo en conta a a seguridade, a creatividade e os valores implícitos dos xoguete apostando por agasallos que non sempre impliquen algo material, produtos que fomenten relacións colaboradoras e favorezan a imaxinación, libre de prexuízos sexistas.
Lembremos á hora de mercar estes agasallos que é positivo decantarse por xoguetes, xogos ou libros nos que se nomee e estean presentes tanto nenas como nenos, sen necesidade de facer diferenzas á hora de escollelos, nin pensar que hai cores máis axeitados para un ou outro sexo.