Dende o concello levamos solicitando da Deputación Provincial (cesionaria do servizo de recollida de residuos orgánicos e selectiva, entre a que se atopa o vidrio e o cartón) a que axilizara a recollida polo desbordamento dos contenedores. Explícasenos que contan con dous camións para toda a provincia, atopándose os dous avariados, polo que esta situación exténdese por todos os concellos onde a Deputación presta o servizo. Garantizaron no día de hoxe, que mañá día 24 de agosto pola mañá quedaría o servizo restablecido e o lixo recollido. Dende o concello pedimos desculpas veciñanza, garantindo que esixiremos ante a Deputación que esta situación non se volva a repetir.