O I Sendeiro Nocturno do Verán acolle un numeroso grupo de camiñantes

Compartir

O I Sendeiro Nocturno do Verán acolle un numeroso grupo de camiñantes

Onte, mércores, día 29 de xullo, trascorría o primeiro dos Sendeiros Nocturnos (Ruta da Cabalar) organizados polo Concello de A Pobra de Trives, dentro das Actividades deste Verán 2015.

Ás 9 da noite, o grupo foi recibido diante da Oficina de Turismo, en Santa Leonor polos guías que os acompañarían en todo o percorrido. Un destes guías aparecía vestido de Romano poñendo o punto cómico entre os asistentes.
Xa metidos no sendeiro, varias animacións se foron sucedendo e observados por trasnos, que corrían entre as árbores do bosque, os caminantes seguían a súa marcha ata ver como unhas Castrexas foron invadidas por dúas Romanas.
A noite ía caendo e as sorpresas eran constantes. A figura de dous vellos asustados polo ruido fixo rir ao público que continuaba o sendeiro baixo as indicacións dos guías ata chegar á Fábrica de Chocolate, toda iluminada, e onde as Pantasmas Dos Traballadores agardaban a numerosa visita.
Xusto neste punto, e dentro da teatralización, os participantes repuxeron forzas con outra das sorpresas da noite: Chocolate e Bica (“o tradicional postre de A Pobra de Tives”), para todos.
Co corpo quente, descansados e moi animados o grupo continuou e xa a escuras plenamente ata se viu á Santa Compaña en procesión.
A ruta foi chegando a seu fin, pero non sen que os “maquis” fixeran o seu papel ca Garda Civil dándolles o alto.
Casi 100 persoas entre asistentes, organización e Protección Civil puideron disfrutar dunha maravillosa noite e dun xeito diferente de ver a natureza e coñecer algo máis da historia dese territorio.