O vindeiro 5 de novembro ao caer da tarde, o Concello de A Pobra de Trives festexará o Magosto.
Ás 18:30h en Santa Leonor as castañas asadas serán as protagonistas facendo que os veciños pasen un agradable rato de diversión e festa.
Dentro das actividades do magosto tamén se pode contar un ano máis co concurso-degustación de doces típicos de outono, e ademáis ese sábado pola mañá haberá unha andaina polos sequeiros. E para rematar a festa non pode faltar a música.