O Magosto de Trives retransmitido na TVG polo seu programa "Aquí Galicia"

Compartir

O Magosto de Trives retransmitido na TVG polo seu programa "Aquí Galicia"

O Concello da Pobra de Trives está a ultimar os detalles para a gran festa do Magosto. Concursos, actividades, comida, bebida….e todo xirando arredor das castañas.
O concurso literario aínda ten as portas abertas para que presentedes os vosos microrrelatos antes do día 6, martes. Tamén podedes ir buscando receitas de doces outonais para elaborar a máis rica sobremesa e participar no VI certame de doces típicos de outono.
Chegado o día as actividades comezan xa de mañá cunha ruta polos Sequeiros, coñecendo como é a recollida da castaña, o uso dos Sequeiros e pasear pola maxia dos soutos no outono. Ás 11:30 da mañá terá saída dende o pobo de Pena Folenche este paseo para vivir máis de preto o magosto, o castañal e o outono en Trives.
Nesta xornada de sábado, a TVG retransmitirá desde O Patio Santa Leonor na Pobra de Trives, en directo o programa Aquí Galicia, de 16.00 a 19.00. Así que non vos perdades esta festaza e achegádevos a vivila con nós.
A partires das 4:00 comezamos os preparativos para asar as castañas os chourizos. Con motivo da retrasmisión en directo para a o programa Aquí Galicia, adiantaremos un pouquiño a festa do magosto, así que arredor das 6:00 xa se degustarán as castañas asadas e os chourizos.
O Magosto é unha das festas máis tradicionais e celebrada na provincia de Ourense e máis nesta zona que temos tanta producción de castaña e de tan boa calidade. Que mellor xeito para pasar esta fin de semana que nas terras de Trives nun enclave único rodeados pola maxia do outono e con castañas asadas, viño, festa e música.
A continuación deixarémosvos os enlaces das noticias coas bases dos concursos e con información publicada anteriormete sobre programa preparado polo concello para o magosto (lembrade que o adiantamos para as 6 pola retrasmisión na TVG):

- O Magosto 2018.

- Participa VI Certame de Doces típicos de outono. Lembrámosche as Bases.

- Anímate a participar no II Concurso de Microrrelatos "Un Magosto Literario".

Achegámosche tamén as Bases.