Obradoiro na Biblioteca Municipal para festexar o Día Internacional da Nena e do Neno

Compartir

Obradoiro na Biblioteca Municipal para festexar o Día Internacional da Nena e do Neno

Desde a Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives están a preparar a celebración do Día dos Dereitos do Neno e da Nena para o vindeiro xoves, 22 de Novembro.
Un Obradoiro programado de 16:30h. a 17:30h. que terá lugar na Biblioteca, en Santa Leonor. A actividade está pensada para cativos desde os tres ata os doce anos. Os nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 6 anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.
Con estas actividades, preténdese concienciar, desde a diversión e o entretemento, da importancia de dar aos máis pequenos a oportunidade e o dereito de gozar da súa infancia.