PAPÁ NOEL vén a saudar aos máis pequenos a Trives

Compartir

PAPÁ NOEL vén a saudar aos máis pequenos a Trives

Papá Noel xa vén de camiño a Trives desde Laponia. O vindeiro luns 24 de decembro, ás 16h. da tarde estará na Praza do Pilón para recibir a todos os nenos e nenas e escoitar as súas peticións.
A continuación percorrerá as rúas da vila acompañado polos moteiros do Motoclub os Esquíos Trives na súa xa tradicional papanoelada moteira.
Este ano tamén estarán acompañando ao Papá Noel os rapaces e rapazas do Ximnasio Trivesport agasallando aos asistentes con abrazos e baile. Ademais terán un posto vendendo chocolatada recadando fondos para o seu festival de fin de curso.
Papá Noel visitará Trives para recoller todas as cartas e peticións dos nenos e nenas que se acheguen ata a Praza do Pilón na tarde do 24.