Este sábado día 10 celebramos o Magosto no Concello da Pobra de Trives, e xa comenzamos pola mañá coa batería de actividades.
Arrancamos a xornada cun "Paseo polos Sequeiros" para descubrir a maxia dos nosos soutos no outono pisando sobre alfombras de follas e cunha paisaxe chea de diferentes tonalidades. Ademais este é o mellor lugar para poder coñecer de primeira man como é o proceso do duro traballo da recollida e tamén o secado da castaña, onde a choiva quere estar presente moitas das veces.
Unha ruta circular de arredor de 3 quilómetros, de dificultade baixa e que sairá ás 11:30 da mañá do pobo de Pena Folenche.