Responsables de Cruz Vermella reuníronse hoxe na alcaldía do Concello da Pobra de Trives para poñer en marcha a Asemblea Local de Cruz Vermella nas terras de Trives.
A dita reunión asistiron o presidente provincial da Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, acompañado polo presidente de Valdeorras da Cruz Vermella, Mino Alonso, e os alcaldes da Pobra de Trives, Domingo Diéguez, Manzaneda, Félix Domínguez, e San Xoán de Río, Luís Castro.
A finalidade é traballar para a pronta posta en marcha da Asemblea Local nestes concellos e contar así con que coordinando actuacións conxuntas, se implanten novos cursos de formación e obradoiros nesta zona ao igual que diversos programas socio-sanitarios promovidos pola Cruz Vermella.