Programa de Mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa)

Compartir

Programa de Mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa)

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publicou o Programa de mobilidade transnacional xuvenil  (Galeuropa) con cargo o Programa operativo de emprego xuvenil.

Este programa ten como finalidade apoiar á mobilidade da mocidade galega para que realice prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas ou ben mediante a concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades sen ánimo de lucro ou proxectos de concellos.

Os destinatarios/as das axudas son mozos e mozas menores de 30 anos que estean inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Máis información sobre este programa no portal web http://xuventude.xunta.es ou nos números de teléfono 981544645/981544854/981541688 e a través do correo electrónico galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es