Programa de Outono - 2018

Compartir

Programa de Outono - 2018

O outono xa está aquí e no Concello da Pobra de Trives achegámosvos a programación da que podedes desfrutar nestes meses. Un conxunto de actividades para todos os públicos e organizadas tanto polo concello como por diversas asociación da vila.
Un programa cultural e de ocio cargado de diferentes celebracións e onde cada unha delas irán sacando o seu propio cartel ampliando as actividades e horarios, pero que dende aquí vos queremos adiantar para que non perdades ningunha das datas e as vivades con nós.
Día da Muller Rural, Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, Día Internacional dos Dereitos do Neno ou Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller son datas que se conmemorarán dende o Concello da Pobra de Trives resaltando a importancia que todas e cada unha delas teñen na nosa sociedade.
Teatros para grandes e pequenos, ou o magosto cun programa de actividades e concursos, obradoiros para o público miúdo ou paseos na natureza, tamén os desfrutaremos neste outono, xunto con atractivas e divertidas actividades que nos veñen da man de distintas asociación como son as Xornadas Micolóxicas do Club de Montaña Trives, ou os Cantos de Taberna da Asociación Cultural A Caniceira.
Un outono no que non parar e seguir desfrutando de Trives!!!