Proxección de "7 DIOSAS" o vindeiro 23 de novembro

Compartir

Proxección de "7 DIOSAS" o vindeiro 23 de novembro

Por "UO venres 23 de novembro, tras ter que cancelar a obra de teatro prevista para ese día, e dentro do marco das actividades conmemorativas do 25N organizadas polo CIM da Pobra de Trives, proxectarase no Auditorio Julio Vázquez, a película “7 Diosas”, na que claramente se reflexa unha loita pola supervivencia das mulleres nun mundo de homes.
A película é unha traxicomedia que sucede na idílica Praia de Goa e conta a vida de Frieda, unha exitosa fotógrafa, e das seis amigas coas que se reúne na véspera da súa voda. Xuntas pasan por circunstancias difíciles, como o machismo ou a misoxinia, ata que deben decidir como defenderse dun mundo que abusa delas. O grupo é un exemplo da moderna sociedade India, mulleres (reais, non idealizadas) que defenden os seus dereitos sen abandonar a coquetería, os shorts e os bailes. Todo está listo para unha noite de celebración. Pero falta un pequeno detalle: Frieda non lles dixo ás súas amigas con quen se vai a casar.
O cineasta Pan Nalin para crear aos personaxes, baseouse en casos reais e entrevistouse con decenas de mulleres que cumprían o perfil como cales eran os seus problemas, a maneira de falar ou a forma de actuar.
Esta película destaca por romper coa tradición da figura da muller nunha industria cinematográfica profundamente machista como é Bollywood na cal os papeis destas adoitan verse como accesorios dos protagonistas homes das películas.

A proxección será ás 20:30h e a entrada é de balde.

Non vos perdades este filme de mulleres emponderadas!!